Adxudicados en Ribeira os traballos para a mellora do firme do camiño A Mámoa-Laxes

05 Novembro 2024

O Concello de Ribeira acaba de adxudicar os traballos para mellorar a estrada que hai no lugar de Laxes, na parroquia de Carreira, onde, segundo informaron fontes do Consistorio, “existen varios camiños con firmes deteriorados nos que é preciso reparar para que se poida circular por eles de forma segura”.

O camiño principal, que une A Mámoa con Laxes, dispón dun pavimento de aglomerado con irregularidades causadas polas raíces das árbores situadas nas marxes, sendo necesario retirar ditas raíces antes de estender unha nova capa de asfalto. Ademais, o Concello explica que os outros dous ramais presentan un firme asfáltico con abundantes disgregacións e fochancas que será preciso regularizar antes de estender unha nova capa de aglomerado en quente, igual que no camiño principal.

A actuación consistirá no corte e demolición do pavimento de aglomerado existente, eliminando as raíces das árbores que provocan irregularidades no pavimento. Ademais farase unha preparación do camiño, limpeza escavación, explanación, desherbado, retirada de terra vexetal, rasanteo e compactado. No lugar aplicarase unha subbase de grixo e estendido dunha capa de aglomerado en quente de 5 cm. espesor, mesmo compactado e rega de adherencia e xestión de residuos.

“Con esta adxudicación, valorada en 54.000€, mellorarase de forma integral o firme do camiño A Mámoa-Laxes coa que pretendemos mellorar eses camiños do rural que están deteriorados”, informou o alcalde, Luís Pérez, engadindo que o prazo de duración das obras é de 3 meses e a empresa encargada da realización é Construcións Ponciano Nieto. Para esta actuación o Concello de Ribeira conseguiu unha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dentro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.