ADISBISMUR remata as obras de remodelación da fachada do centro ocupacional que ten en Outes

07 Novembro 2024

A Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros, ADISBISMUR, vén de completar as obras de remodelación da fachada do seu centro ocupacional situado en Valadares, no concello de Outes.

A asociación sinalou que as obras, realizadas en dúas fases, comezaron o ano pasado e concluíron este ano a primeira fase de renovación da parte da fachada que quedaba por illar, eliminando así as humidades que provocaban perdas de calor nas aulas e obradoiros. A mellora responde “á necesidade de manter o centro en condicións óptimas, tanto para a habitabilidade como para a eficiencia enerxética”, engadiu a entidade inclusiva da comarca de Outes e Muros.

Enmarcada dentro da Liña IV de Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas con discapacidade para a realización de obras de conservación e mantemento de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade, estas obras contaron co apoio da Xunta de Galicia a través dos fondos que recibe do 0,7% do IRPF procedentes de todas as persoas contribuíntes que marcaron o recadro 106 destinado a fins sociais.

O centro, que atende a 50 persoas con discapacidade dos concellos de Muros, Outes, Mazaricos, Carnota, Noia, Negreira e Cee, beneficiarase agora destas melloras en confort, seguridade estrutural e illamento térmico grazas ao recubrimento da fachada con chapas de aluminio e material illante.

Estas actuacións permitirán mellorar a conservación do edificio, así como a súa habitabilidade e eficiencia enerxética, incrementando así o benestar das persoas usuarias e do equipo profesional que diariamente as atende.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.