“Adiante, a loitar” – José Manuel Pena

15 Novembro 2024

O dereito á folga está recoñecido no artigo 28 da Constitución española, para a defensa dos dereitos dos traballadores e iso é o que están a exercer, de maneira libre e voluntaria, a maioría das traballadoras da empresa ribeirense de “Congelados Angel Lopez Soto / Alfrío”.

Como pode ser que unha traballadora, coa categoría de auxiliar de fábrica (despois de levar traballando na empresa máis de 15 anos) pode estar a percibir menos do salario mínimo interprofesional? Non é normal e moito menos que, despois de tanto tempo de permanencia na mesma empresa e no mesmo posto de traballo, sexan mantidas coa mesma categoría profesional para non ter que aumentarlles as retribucións. Pensemos que o 90% do persoal da empresa son mulleres traballadoras, moitas delas con responsabilidades familiares.

O recoñecemento da categoría profesional, as quendas de traballo así como a porcentaxe aplicable á situación da Incapacidade Temporal son algunhas das súas xustas reivindicacións. A pesar dos seus baixos salarios, nunha empresa de conxelados, con humidades e manipulación de pesos importantes, as mulleres están dispostas mesmo a perder diñeiro pero a continuar coa folga porque saben que loitan e demandan o que en xustiza lles corresponde e que a empresa as tivo esquecidas, durante tanto tempo.

Unha gran parte dos convenios colectivos de empresa xa teñen recoñecidos a porcentaxe do 100 por cento do salario, nos casos de baixa por enfermidade e aquí a empresa négase á devandita aplicación así como que a maioría das mulleres figuran, coa categoría de auxiliares de fábrica (algunhas con 20 anos de traballo na fábrica), con salarios duns 1.000 euros mensuais, aproximadamente ao aplicarlles o salario basear e o complemento de antigüidade senón nin chegaban a esas cantidades. En pleno século XXI, é indignante que haxa empresas que exploten dese xeito ás súas traballadoras. Adiante, a loitar…

Outros artigos

“A tarde-noite-mencida dos transistores e as pilas”. Antón Luaces

Estaban na casa, arrombados, sen pilas, sen uso. Co dial en folga. Esquecidos. Eran os transistores dos avós, que durmían o soño dos xustos gardados na alacena pintada de azul da cociña, nun de cuxos caixóns tamén se gardaba, envolveita en papel de estraza, a navalla...

+

“A realidade pesqueira” – José Manuel Pena

As excesivas importacións de peixes e mariscos sen control; o arcaico sistema de venda e comercialización de determinadas especies, principalmente dentro do sector da baixura; o pésimo funcionamento e a carencia de miras cara ao futuro dalgunhas organizacións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Difícil para el sucesor” – Manuel Domínguez

“Difícil para el sucesor” – Manuel Domínguez

El Papa Francisco deja difícil camino  a su sucesor, el listón lo deja bien alto. El papa a través de la Monjita Jeanningros, que rompiera el protocolo, con la que mantenía una relación desde la Argentina, ya que ella le reclamo, y le envió carta censurándole,...