Os bombeiros de Parque Provincial de Ribeira foron requiridos a primeira hora da mañá de hoxe, 19 de novembro, para intervir nun accidente con 3 turismos e 1 motocicleta implicados na avenida da Coruña, no concello de Ribeira.
Na incidencia unha persoa resultou ferida de carácter leve debido á colisión.

A avenida da Coruña de Ribeira foi escenario esta mañá dun accidente en cadea que involucrou a tres turismos e unha motocicleta, todos circulando na mesma dirección. Segundo as primeiras investigacións, o incidente puido orixinarse cando o condutor dun dos vehículos freou nun paso de peóns, o que provocou que os demais non reaccionasen a tempo, chocando entre si.
O peor parado foi o motorista, que circulaba entre dous coches e, aínda que non quedou atrapado, caeu ao chan e sufriu un forte golpe nas costas. Unha ambulancia do 061 acudiu ao lugar para atenderlle, pero o afectado decidiu non ser trasladado ao hospital e optou por acudir polos seus propios medios a un centro médico. Ademais, os sanitarios asistiron a outras tres persoas, das cales una foi trasladada ao centro hospitalario comarcal de Barbanza.



