A Xunta licitará esta semana a redacción do proxecto de construción e dirección de obra do novo centro de saúde de Noia

12 Novembro 2024

A Xunta licitará esta mesma semana o expediente de contratación do servizo de  redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra do centro de saúde de Noia, por importe de preto de 400.000 euros. 

Segundo as previsións do Goberno galego, prevese que o proxecto poida estar redactado a finais do vindeiro ano, o que permitirá a licitación e o inicio da execución das obras en 2026. A este respecto, a reunión semanal do Executivo galego aprobou o acordo polo que se toma razón desta licitación.

O Goberno galego prevé investir aproximadamente 10 millóns de euros no novo centro de saúde de Noia, tendo en conta a execución do edificio e o seu equipamento. A nova infraestrutura sanitaria de atención primaria contará cunha superficie construída de máis de 3.300 m2 e  situarase nunha parcela en que se poden alcanzar os cinco andares de altura.

As instalacións do novo centro de saúde disporán dunha área asistencial de atención clínica con 21 consultas de medicina, enfermaría, farmacia, odontoloxía e hixienista,  ademais das correspondentes salas de técnicas, de toma de mostras e de espera de pacientes.

Tamén disporá dunha área de pediatría, con 3 consultas, médicas e de enfermaría, cunha sala de observación e unha sala de lactación. Xunto con isto, engádese a área de atención á muller, con dúas consultas.

Contará, ademais, con novas unidades, como a área de fisioterapia e rehabilitación, cunha consulta de fisioterapia e unha sala de fisioterapia; a área de saúde mental, con 5 consultas: psiquiatría, psicoloxía, enfermaría e traballo social; e a Unidade Preventivo Asistencial de Drogodependencias (UPAD) con 4 consultas: psiquiatría, psicoloxía, traballo social e dispensación.

O centro integrará o punto de atención continuada, PAC, con dúas consultas de medicina xeral, dúas de enfermaría e unha sala de reanimación e observación; e na área de urxencias contará con base do 061. 

Actual Centro de Saúde de Noia

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Lalín e Álvaro Cunqueiro, saber e sabor”. Alberto Barciela

“Lalín e Álvaro Cunqueiro, saber e sabor”. Alberto Barciela

Lalín ten o premio de Gastronomía máis prestixioso de España, que leva o nome de Álvaro Cunqueiro (1911-1981), escritor, xornalista e gastrónomo mindoniense. O realismo dunha terra de paisaxes que semellan un tapiz multicolor, onde a xeografía se admira sobre un lenzo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.