A Pobra recompensará as compras locais nas semanas previas ao Nadal co sorteo dunha viaxe a Eurodisney

07 Novembro 2024

No seu firme compromiso de “revitalizar o sector comercial e incentivar as compras nos establecementos de proximidade”, a Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal lanzou unha nova campaña coa que xa despega o Nadal na localidade: unha viaxe a Eurodisney para catro persoas.

“O mes de novembro é máis baixo en vendas e queremos descentralizar o movemento económico do outono-inverno fóra de decembro. Queremos que a xente merque na Pobra, que se aproxime aos nosos profesionais do sector comercial, que coñezan todo canto temos para ofrecer. Por todo isto, sorteamos unha viaxe a Eurodisney entre as compras durante estes días”, declarou a concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, engadindo que en vindeiras datas anunciaranse máis sorpresas xa focalizadas na época do Nadal. Neste senso, valorou positivamente os resultados do pasado ano.

A técnica municipal desta área, Sara Sánchez, afondou na dinámica desta iniciativa “cun regalo que de cara a arrancar o Nadal xa vai creando ilusión en toda a xente que compre no comercio da Pobra do Caramiñal”. Un total de 50 comercios participan nesta campaña que se estende do 9 ao 30 de novembro, procedentes dos máis variados ámbitos de actividade: salóns de peiteado, tendas de roupa, establecementos de servizos… Por cada 10 euros de gasto, entregarase un boleto que se deberá cubrir cos datos requiridos para entrar no sorteo que se fará no 2 de decembro.

Marisa Ouviña, rexente de Don Tacón, amosouse expectante polo resultado desta campaña porque este tipo de accións: “Para nós, como pequenos comercios que somos, son moi importantes para o día a día. Imos poñerlle á Pobra moita luz, moita alegría e esperamos que a xente poida vir, dar un paseo, facer unhas compras para os seus familiares e xente querida”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.