A OPP83 promociona (este mércores) o Lirio de Ribeira entre o alumnado do IES Nº 1 de Ribeira

26 Novembro 2024

A Cooperativa Santa Uxía de Ribeira-OPP83 realiza esta semana unha serie de accións cos alumnos de 3º da ESO do IES Nº 1 de Ribeira. A Organización de Produtores Pesqueiros mostrará o pasado e presente da pesca na comarca, difundirá os beneficios do consumo de peixe e ofrecerá unha degustación de Lirio de Ribeira. O programa desenvolverase este mércores 27 de novembro entre as 10.00 e as 14.30 horas. As actividades dividiranse en tres bloques. A primeira parte consistirá na elaboración dunha reportaxe tras a entrevista a patróns e armadores (10.00 a
11.30h). A segunda, centrada na nutrición e na OPP, consistirá nun concurso de preguntas (12.00 e 13.30h). E a terceira será unha degustación de Lirio de Ribeira (13.30 a 14.30h). Está prevista a participación dos armadores Francisco Muñiz, Francisco Ayaso e Pablo Pérez.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.