A IX edición da Andaina Solidaria de CONGALSA celébrase finalmente o 24 de novembro

12 Novembro 2024

Xa hai nova data para a celebración da IX Andaina Solidaria de CONGALSA que foi aprazada por motivo das condicións meteorolóxicas. Así que, o vindeiro domingo 24 de novembro desenvolverase finalmente esta cita deportiva e solidaria aberta a todo aquel que desexe participar, pasar un bo intre e colaborar cunha boa causa: traballadores de CONGALSA, familiares, amigos, entidades colaboradoras, provedores ou clientes.

Esta cita anual coa solidariedade e o deporte celebrarase de modo presencial con saída á 09.30 h. da Lonxa de Aguiño en Ribeira e, como en anos anteriores, terá unha duración aproximada de dúas horas. A metade de camiño haberá un punto de avituallamento e ao finalizar uns petiscos nos que poder comentar co resto de asistentes como foi o roteiro.

Todas as persoas interesadas en tomar parte nesta iniciativa poden inscribirse a través das webs de CONGALSA e de Deporticket. Para aquelas que queiran participar e non poidan asistir ao evento está a opción de facelo a través do Dorsal 0.

Os requisitos para participar, ademais da achega económica de catro euros, é que cada camiñante deberá entregar polo menos un quilogramo ou un litro de alimentos non perecedoiros. “Con esta andaina queremos dar o noso apoio a aqueles que máis o necesitan, colaborando con iniciativas da comarca do Barbanza que traballen prestando apoio social a colectivos, persoas e familias en risco de exclusión social, como Cáritas e ICE Renovación” tal e como explica Isabel Cañas, directora de Relacións Externas de CONGALSA. “Así mesmo, agradecemos ao Concello de Ribeira e á Asociación de Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza A Orixe a súa colaboración na organización desta nova edición da andaina”, engadiu Cañas.

A xornada solidaria non só será un evento para contribuír a causas benéficas, senón tamén unha oportunidade para gozar dunha contorna natural única en Ribeira. O percorrido de 10 quilómetros, deseñado para ser accesíbel a persoas de todas as idades, convida a compartir unha experiencia na que deporte e solidariedade fusiónanse.

Así mesmo, as primeiras 300 persoas que se inscriban recibirán unha camiseta conmemorativa da andaina que levarán o deseño gañador do Concurso de Deseño que se organizou entre os traballadores de CONGALSA e os seus familiares.

A empresa anima a todos os participantes a gozar do evento, non só polo seu impacto solidario, senón tamén pola posibilidade de pasar tempo de calidade con compañeiros, amigos e familiares, promovendo un estilo de vida saudábel.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...