“A frota española poderá pescar bacallau outra volta en 2025” – Antón Luaces

28 Novembro 2024

Ao cabo de 32 anos de prohibición de capturas, chega unha boa nova para a frota pesqueira española, nomeadamente a galega: o Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea aprobará nos vindeiros días 9 e 10 de decembro os Totais Admisibles de Captura (TAC) e cotas para o ano que vén. Con toda probabilidade, España poderá pescar outra volta bacallau en augas de Terranova. 

Así o anunciou este mércores no Congreso dos Deputados, o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, quen sinalou que España “confía en obter os mellores resultados” nas devanditas negociacións, dempois de 32 anos de prohibición de capturas desa especie para a frota pesqueira española en augas terranovenses. O ministro cualificou esa case que segura posibilidade de “excelente noticia” que beneficia especialmente á frota galega.

 Planas, de calquera xeito, lembrou que estas negociacións sempre son “longas e complexas”, o que non debe entenderse, a priori, como que o ministro desbote o resultado antedito porque, clarexou, agarda conquerir os mellores resultados posibles para a capacidade da frota pesqueira española. 

De cara a ese Consello, Planas fixo referencia á sentenza do Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea que, o pasado 11 de xaneiro, sostivo que nas decisións sobre as cotas pesqueiras deben considerarse, amais do stock biolóxico das especies, o impacto económico e social das medidas, posición esta que sempre mantivo España.  

Maximizar en cada stock o rendemento máximo sostible (RMS) e acadar un bo reparto para España son os obxectivos primordiais para a representación española no Consello de Ministros de Pesca da UE. E sendo Galicia e a súa frota a, en potencia, comunidade española máis beneficiada, talvez teñamos que por na balanza a significación da comarca do Barbanza na pesca do bacallau en Terranova, con técnicos e mariñeiros experimentados nos seus respectivos oficios.

Oxalá se cumpran as previsións. Porque non se pode seguir a vivir das esperanzas (tantas veces perdidas após a celebración dos consellos de ministros de Pesca comunitarios).

Outros artigos

“Notre Dame”. José Castro López

Francia vive días de depresión política. Un extraño “consenso” entre las extremasizquierda y derecha tumbó al Gobierno y todo indica que el presidente no tiene fácil laresolución de esta crisis, muy preocupante para Europa porque coincide con el vacío depoder en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desaloxos de familias vulnerables” – José Manuel Pena

“Desaloxos de familias vulnerables” – José Manuel Pena

Os desafiuzamentos da vivenda habitual, por orde xudicial, continúanse producindo cada día. A pesar dos avances lexislativos, da propia Lei de Vivenda e demais Reais Decretos Leis para protexer e garantir a vivenda ás persoas e familias vulnerables, moito máis con...