A Deputación presenta a campaña institucional do 25N, que desta volta pon o foco nas infeccións de transmisión sexual

21 Novembro 2024

A área de Igualdade da Deputación da Coruña, liderada pola deputada outense Soledad Agra, presentou a campaña institucional do 25 de novembro, novamente baixo o epígrafe De Fronte á violencia de xénero e novamente co obxectivo de “incidir na sensibilización e concienciación da mocidade”. Desta volta a entidade provincial pon o foco nas Infeccións de Transmisión Sexual (ITS), vinculando o seu incremento coa como violencia de xénero, concretamente con comportamentos de risco, manipulación e engano.

“A falta de educación sexual na rapazada provoca que a súa fonte de información sexa en moitos casos a pornografía, provocando prácticas sexuais machistas, de abuso e risco” sinalou a deputada, “por iso quixemos poñer o foco nesas condutas de violencia machista que son culpables, ademais, do incremento que estamos vendo de ITS na mocidade”.  Baixo o lema ‘moito coidado’, “queremos explicar que hai que coidarse nas relacións afectivas e sexuais, e tamén ter coidado”.

Dende Femur, a empresa que se encarga da campaña, Judit Cabanas explicou que “o concepto de ‘moito coidado’ fai referencia ao problema e a solución”, sinalando que “durante o traballo previo identificamos tipos de violencia que acaban nisto, e pareceunos fundamental visibilizar estas violencias”. Para iso, “utilizamos un ton que nos permita chegar á xente máis nova, con mensaxes en positivo e animando a sociedade a mudar a violencia por coidado”.

De Fronte á violencia de xénero

Así, este 25N a campaña da Deputación pon o foco na identificación das diferentes formas de violencia de xénero e especialmente incide na concienciación sobre as ITS e a implicación do xénero coa finalidade de previr as condutas machistas e neglixentes nas relacións sexuais. #DeFronte apela directamente á implicación dos Concellos e das entidades sociais da provincia, contando coa adhesión de 91 concellos e 108 entidades sociais, educativas e empresariais. “Ofrecemos un espazo onde concellos, entidades, e centros, e tamén a cidadanía en xeral, obteñan material dixital, contidos informativos, xogos interactivos e recursos didácticos actualizados durante todo o ano” sinalou Bea Loureiro, de Nova Xestión Cultural.

Actividades durante todo o ano

#DeFronte  desenvolverase ao longo de varias semanas e inclúe unha serie de accións co obxecto de xerar un espazo de diálogo e reflexión arredor da prevención, reparación e eliminación  da violencia de xénero: actualización das ferramentas que se atopan na web defronte.gal; elaboración de material audiovisual en materia de prevención de ITS; recursos dixitais para empregar nos puntos violeta e xogos interactivos.

Por outro lado, o propio luns 25 de novembro, terá lugar unha actividade simbólica de sensibilización nos 11 centros de traballo da Deputación, onde esta previsto ler un manifesto que inclúe declaracións reais de vítimas de violencias machistas. Ademais, haber 5 palestras en varios puntos da provincia arredor das distintas formas violencias de xénero.

Outros artigos

Domingo de Ramos, inestabilidade meteorolóxica nas Rías Baixas

As Rías Baixas continuarán baixo a influencia dunha atmosfera inestable o domingo de Pascua, 20 de abril. O ceo permanecerá parcialmente nubrado, con episodios de chuvia intermitente ao longo da xornada. As horas centrais do día presentarán unha menor probabilidade de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...