A Creba expón os seus servizos e a situación das mulleres ante a violencia de xénero na Mesa de Coordinación Institucional de Lousame

08 Novembro 2024

O salón de plenos do Concello de Lousame acolleu esta mañá a decimoquinta xuntanza da Mesa Local de Coordinación Institucional fronte a Violencia de Xénero, que estivo presidida por Silvia Agrafojo, concelleira Igualdade e Servizos Sociais.
Unha reunión na que a traballadora social da asociación pro saúde mental A Creba presentou os servizos da entidade e a situación das mulleres deste colectivo diante da violencia de xénero.

Silvia Agrafojo agradeceu a participación de A Creba nesta reunión “pois xa na anterior reunión de maio escoitamos a experiencia doutra asociación da comarca como é MISELA e penso que resulta moi interesante para os integrantes desta Mesa de Coordinación Institucional coñecer tanto os recursos como as necesidades que teñen asociacións como A Creba para seguir avanzando en materia de igualdade e na loita contra a violencia machista”.

Resto da reunión

Na reunión desta mañá participaron tamén a xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno; a directora CPI Plurilingüe Cernadas de Castro; a directora e a psicóloga do CIM de Noia; a enfermeira Centro de Saúde de Lousame; o novo sarxento do posto da Garda Civil de Noia e a cabo do equipo VIOXÉN do mesmo posto; a traballadora social de Lousame; e a técnica da Concellería de Igualdade e secretaria da Mesa.

Todas elas interviron para actualizar a información sobre as actuacións levadas a cabo no municipio.
Así mesmo, a Mesa informou sobre o estado da guía “Caixa de ferramentas”, cos diferentes recursos de atención ás mulleres e promoción da igualdade que está a elaborar a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia para o seu uso polas Mesas Locais; tomou coñecemento sobre as actuacións levadas a cabo no ámbito municipal de Lousame na área de formación en prevención da violencia contra as mulleres; actualizaron as informacións sobre as actuacións levadas a cabo no municipio e a concelleira Silvia Agrafojo aproveitou para presentar a campaña “Quérenme ben…”, que o Concello de Lousame vai poñer en marcha
este mes para conmemorar o 25 de novembro.

Remitida

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.