A Conserveira (Ribeira) formará parte da delegación coruñesa no Gastronomic Forum Barcelona

03 Novembro 2024

Turismo da Deputación da Coruña volve ao Gastronomic Forum Barcelona, que se celebrará do 4 ao 6 de novembro e que se dará cita, en palabras da entidade provincial, o mellor da gastronomía mundial. De feito, estarán presentes referentes dos fogóns como Oriol Castro, Laura Colagreco, Osman Sezene, Adejoké Bakaré, Eduardo Xatruch, Jordi Roca ou Andoni Luis Aduriz.

A Deputación ten reservado un espazo onde promoverá a súa marca A provincia que sabe da man de produtores, distribuidores e cociñeiros que poñerán en valor, coas habituais degustacións e demostracións culinarias, as potencialidades gastroturísticas da provincia. Nesta edición, baixo o lema Re-pensemos a restauración, o foro barcelonés reivindicará a cociña con sentido de responsabilidade social, con produtos ecolóxicos e velando pola conciliación. A Deputación acode facendo seus, tamén estes obxectivos: “Os argumentos do Gastronomic Forum son os mesmos que están presentes en A provincia que sabe e na estratexia e nos obxectivos do departamento de Turismo provincial”.

Este ano serán tres os xeodestinos coruñeses nos que se centrará a programación da Deputación: Ferrolterra, Terras de Santiago e Costa da Morte, representados polas empanadas artesanais de Costumes de Galicia (Carballo), as conservas de mariscos e peixes de A Conserveira (Ribeira), os roxóns e chourizos de Chichalovers (Santiago de Compostela), o queixo de pasta dura cocida de Galmesán (Arzúa), as patacas fritidas de Bonilla a la vista (A Coruña), os mariscos de Mariscos de Barallobre (Fene) e as algas de Algas de Mar de Ardora (Ortigueira).

Os cociñeiros Dani Castro (do restaurante O Camiño do Inglés, de Ferrol), Kike Piñeiro e Eloy Cancela (A Horta do Obradoiro, de Santiago) e Víctor Basante (Arrueiro, de Laxe) serán os encargados das demostracións.

Ademais, o martes 5, ás 17.45 horas, o divulgador e xornalista Jorge Guitián conducirá a mesa redonda Amas da Terra: legado, cultura e cociña, na que intervirán as cociñeiras Lucía Freitas e Dolores García mais Dolores Gómez, bateeira de Rianxo e presidenta da Asociación Mulleres Salgadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

Nos últimos tempos, a dereita política española está a preocuparse máis en lanzar trolas e mentiras para tratar de despistar sobre os múltiples casos de corrupción que tiveron, con sentenza firme, e que aínda ten xudicializados. Desde que o sr. Feijóo chegou á capital...

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...