A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, recibiu na tarde deste 26 de novembro ao alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, e máis ao concelleiro de Medio Ambiente e Rural, Juan José Calo. A xuntanza de traballo, na que tamén participou a directora Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, serviu para avaliar as necesidades do concello en relación co agro e para avanzar na colaboración institucional entre ambas partes, en beneficio da veciñanza do termo municipal.
