Este venres 15 de novembro celébrase unha nova xornada divulgativa do ciclo sobre Muller e Saúde organizado polo Concello de Boiro, Será no Centro Social de Boiro ás 17.00 horas e porá o foco nos beneficios da alimentación antiinflamatoria. Os contidos serán impartidos polo dietista da Consellería de Sanidade Iván Parada Barral, no marco do programa Muller e Saúde que desenvolve o Concello de Boiro. Quen estea interesada en acudir pode facelo na conta de correo do CIM de Boiro (cim@boiro.org) ou a través do teléfono 981 844 800.
A seguinte sesión do ciclo será o 29 de novembro, a partir das 17.00 horas, e xirará arredor dos beneficios do adestramento de forza para prevención de enfermidades. Virá da man de Orlando Blanco Iglesias, técnico do Servizo de Estilos de Vida Saudábeis da Consellería de Sanidade. Será tamén no Centro Social.