A ABE dá a coñecer as persoas gañadoras campaña de Samaín

04 Novembro 2024

Este luns 4 de novembro pola mañá celebrouse na sede da patronal boirense, a ABE, o sorteo dos premios correspondentes á campaña de Samaín (Halloween) que tiña como obxectivo premiar a fidelidade dos clientes dos negocios asociados.

Nesta ocasión os premios foron 5 lotes de agasallos compostos por 1 reloxo intelixente con función de conta pasos, calorías, control do sono, monitor cardíaco, aviso de notificacións e funcións bluetooth, 1 altofalante dixital con micro SD, radio, USB e cambio de cor por LEDs, 1 termo e 1 paraugas.

Na campaña, desenvolvida entre o 30 de outubro e o 3 de novembro, rexistráronse 397 tíckets de compra na web da ABE www.abe.gal

Listado de persoas premiadas

José Manuel Tarrio – Cosmos

María José – Herboristería Fiuncho

Raquel – Uttap 3.catorce

Antonio Sieira – Panadería Ourille

María Cobo – Restaurante Arume

Outros artigos

Recuperada unha motocicleta roubada en Noia

Os axentes da Policía Local de Noia están a informar da recuperación dunha motocicleta que fora subtraída esta mesma semana: unha Vespa clásica de cor gris, do ano 1960 e recentemente restaurada, polo que tiña un gran valor para os seus propietarios. O vehículo foi...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desaparecerán muchos bares” – José Castro López

“Desaparecerán muchos bares” – José Castro López

Los bares forman parte de nuestra identidad nacional. Son como “un corazón económico y social” que late a diario en las calles de ciudades y pueblos, un punto de encuentro y de intercambio de historias entre generaciones. En ellos se mezclan edades, ideologías,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.