Xerardo Agrafoxo lévanos de viaxe por Colombia co seu novo libro de viaxes: Un café en Bogotá

01 Outubro 2024

O escritor noiés Xerardo Agrafoxo presentou o pasado venres o seu novo libro de viaxes: Un café en Bogotá. Dúas tumbas en Medellín. Tras os pasos de García Márquez e Avilés de Taramancos. A cita desenvolveuse nun ateigado salón de actos do Centro Social do Concello de Boiro e foi organizada pola Asociación Cultural Barbantia, a Editorial Toxosoutos, o xornal La Voz de Galicia e o Concello de Boiro. Interviñeron María Xesús Blanco (presidenta da A. C. Barbantia), Xerardo AgraFoxo (escritor e investigador) e Carmen Silva (concelleira de Educación de Boiro).

Agrafoxo puxo o foco na súa vontade de achegar libros que documenten o mundo e as súas xentes e que axuden aos lectores a converterse tamén eles en viaxeiros a medida que se mergullan nas súas páxinas.

O libro Un café en Bogotá é en certa maneira a continuación doutras contribucións de Agrafoxo ao xénero la literatura camiñante: libros como Viaxe á última revolución, no que Agrafoxo documenta o seu percorrido pola illa de Cuba en 2013; ou como O país sen fronteiras. Trinta días a través do Senegal, de 2018; e Nas terras vermellas do Brasil, de 2022. As páxinas da nova obra de Agrafoxo describen un periplo de 45 días polos “lugares máis emblemáticos de Colombia… unha andaina na que se fala dos problemas dun país sacudido polas guerrillas, as bandas paramilitares e os crimes dos narcotraficantes…” Esta viaxe de 3.000 quilómetros en solitario tamén é unha pescuda polas pegadas no país do tamén noiés (e tamén escritor) Antón Avilés de Taramancos, que viviu naquel país 20 anos, e polo ronsel vital e literario deixado polo Premio Nobel Gabriel García Márquez, incluíndo nesta pescuda a procura da mítica Macondo, a cidade ficticia (ou semi-ficticia) onde o escritor colombiano situou novelas como Cien años de soledad ou El coronel no tiene quien le escriba, entre outras.

Outros artigos

Domingo 13, sol e temperatura alta

Durante o domingo agárdanse néboas matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos despexados na metade oeste. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas experimentarán un moderado ascenso ehgando ós 25-27 graos. Os ventos...

+

Dous feridos nun accidente de tráfico en Aguiño

Unha condutora e unha ocupante dun turismo Nissan resultaron feridas tras unha colisión frontolateral na estrada DP-7305, á altura de Aguiño. O accidente, no que tamén estivo implicado un vehículo Fiat, provocou que ambos os automóbiles envorcasen e terminasen en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión