Venres 18, teremos chuvascos intermitentes o longo do día

17 Outubro 2024

Este venres chega unha fronte cálida pouco activa durante a madrugada seguida dunha fronte fría máis activa de cara á noite. Teremos ceos moi nubrados con posibilidade de chuvias febles na franxa atlántica, desprazándose o resto do territorio co paso das horas.

Pola noite as precipitacións serán máis xeneralizadas e de intensidade moderada. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro ascenso e as máximas permanecerán sen cambios significativos. Os ventos soprarán do suroeste frouxos en xeral, fortes no litoral a últimas horas do día.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do sudoeste á tarde e do sudoeste á noite, forza 2 a 3 á mañá, 3 a 4 á tarde e 5 a 6 á noite. Mar ovellado á mañá, marusía á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade mala. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e 1.5 a 2.5 metros á tarde e á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...