“Unhas pingas de salitre á concepción literaria no Barbanza” – Antón Luaces

14 Outubro 2024

En máis dunha ocasión téñome referido á importante produción artística e literaria que rexistra acotío a terra do Barbanza, actividade que se reflicte decote neste xornal e que promoven activamente concellos e sociedades civís, o que fala para ben da preocupación dunha cidadanía por se expresar -conscientemente- máis aló do que os seus antergos o fixeron. 

Tamén está a iniciativa privada -da que asimesmo da mostra O Barbanza nas súas constantes informacións a ese respecto- cuxo culmen non sempre é acadar premios e recoñecemento de méritos pero que, sen dúbida, fala -e fala ben- da inmersión que na música, o teatro, a literatura, a pintura, o gravado, etc., están a facer os barbanzáns e que, particularmente, nos enche de satisfacción e serve para confrontar con esas outras informacións que nos desacreditan no ámbito galego. 

Teño os meus referentes particulares para encamiñar esta crónica, máis vou limitarme a un traballo literario editado por Galaxia que, en 199 páxinas permite ao lector calibrar a valía dunha quincena de autores (17 concretamente) que, en Historias de Barbantia, deixan a súa pegada coma escritores autores de historias que atanguen ao Barbanza.

Son -permítame citalos- Agustín Agra, Alberte Pagán, Antón Riveiro Coello, Antonio Piñeiro, Fidel Vidal, Francisco A. Vidal Blanco, José Carou, María Xesús Blanco, Marina Losada Vicente, Mariña Pérez Rei, Natalia Carou, Óscar Reboiras Loureiro, Patricia Torrado Queiruga, Uxía Casal, Xerardo AgraFoxo, Xosé Manuel Lobato e Xosè Ricardo Losada, cun limiar de Eme Cartea que sitúa ao lector non só no contexto “barbantiano” emanado da Asociación Cultural Barbantia senón que o guía cara ao coñecemento dos propios autores: “formación diferente, idades variadas, profesións dispares, currículos ilustres e inda noveis, desconexión temática e estilística, tratamento textual orixinal, gustos diversos, bagaxes vivenciais e literarias distintas… inda que de autoría barbancesca -de nacemento ou adopción- e, sincronicamente, dunha contorna e dun tempo”.

Un libro do século XXI para unha comarca que defende con valor a súa identidade e amor á lingua de seu, o galego. “Na fala e na escrita, como en Barbantia facemos, e aquí lemos”, di o autor do limiar.

Non  podo aseguralo, mais coido que é a primeira ocasión na que un conxunto de autores (17 como dicía) relatan historias que, indefectiblemente, levan en si mesmas o salitre que todo o enchoupa para que a serra do Barbanza erga a súa mole da Curota aguantando de lonxe a forza dos salseiros. 

Un libro para ler e concienciarnos de que Barbanza existe e Barbantia o asume. 

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.