“Unha Constitución, a española, que garante dereitos que non se atenden” – Antón Luaces

28 Outubro 2024

Millóns de españois nacidos na posguerra vivimos a maior parte das nosas vidas sabendo que había países que contaban con normas básicas de convivencia ou de dereitos fundamentais dos que aquí careciamos no franquismo. Esta situación rematou oficialmente en 1978, ano no que o sistema político e de ordenamento xurídico de España entrou en vigor coas súas normas, dereitos fundamentais e as liberdades públicas, os principios de actuación dos poderes públicos e a organización institucional e territorial do Estado. Nacía a Constitución Española.

Case medio século despois, cidadáns daquela época aínda vivos e moitos outros millóns incorporados á sociedade nas distintas poboacións do Estado, contemplamos incrédulos como un dos artigos, concretamente o 47 desa Constitución (que garante o dereito dos españois a unha vivenda digna) é “papel mollado” para unha boa parte dos cidadáns con dereito a seren recoñecidos coma españois.

Este dereito, en grande medida, está tan “no aire” coma no franquismo, cando careciamos de Constitución e imperaba a Lei Constitutiva das Cortes de 27 de xullo de 1942, unha das oito Leis Fundamentais do Reino que daban aparencia de parlamentarismo á ditadura.

A vivenda é un Dereito Humano recollido coma tal na Declaración Universal, e a situación actual en España vulnera o artigo 31 da Carta Social Europea ratificada por España o 29 de abril de 1980, ao que acode o sindicato UGT para reclamar ante o Comité Europeo dos Dereitos Sociais do Consello de Europa contra o Reino de España por incumprimento dese artigo 31 que, como dicía, establece que “toda persoa ten dereito a vivenda”.

Deste xeito non pode estrañar que se fale dunha demanda -a de UGT- que implica a todas e cada unha das administracións competentes nesta materia, que non é só responsabilidade do Goberno do Estado, senón fundamentalmente das comunidades autónomas e os concellos españois.

Non hai vivenda social. E Galicia carece dunha política que acredite a construción da vivenda social que os galegos precisamos para, dunha vez por todas, rematar coa especulación evidente na maior parte da xeografía desta comunidade autónoma onde boa arte dos salarios que perciben os traballadores novos e os xubilados non chegan para pagar un alugueiro de vivenda -maiormente vella e carente de medios axeitados ás necesidades actuais dos alugados-, electricidade, gas, auga, recollida de lixo, etc., e ao mesmo tempo, alimentarse.

As vivendas protexidas permiten ás persoas con menos recursos ter un lugar no que vivir e cada comunidade autónoma establece os requisitos para poder poder comprar ou alugar este tipo de inmobles.

Segundo os datos que se barallan actualmente, hai máis dun millón e medio de persoas entre 25 e 34 anos que non son quen de se independizar en España, e máis da metade dos xoves entre 25 e 29 anos viven cos seus pais ou con algún deles. 

Pero temos unha Constitución que garante o dereito dos españois a unha vivenda digna. De quen?

Outros artigos

Mércores 4, nubes e claros con lixeira suba da temperatura

O mércores teremos néboas e nubes baixas en comarcas do interior, co avance do día irá quedando o ceo moi aberto en xeral con nubosidade de tipo alto. Pola noite volveranse cubrir os ceos polo oeste da Comunidade. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

Nos últimos tempos, a dereita política española está a preocuparse máis en lanzar trolas e mentiras para tratar de despistar sobre os múltiples casos de corrupción que tiveron, con sentenza firme, e que aínda ten xudicializados. Desde que o sr. Feijóo chegou á capital...

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...