Un proxecto artístico de Ambar é finalista nos premios internacionais Art Explora da Académie des Beaux-arts (Francia)

31 Outubro 2024

A asociación inclusiva da nosa comarca Ambar, xunto a entidade sen ánimo de lucro Concomitentes, é finalista dos premios Art Explora da Académie des Beaux-arts de Francia. Para obter o recoñecemento final precisan do voto popular que lles permitirá recadar o apoio preciso para desenvolver un proxecto artístico participativo dirixido a favorecer a vida independente en comunidade das persoas con diversidade funcional.

A Fundación Internacional Art Explora, localizada en Francia e centrada no encontro entre a arte e as comunidades locais, vén de seleccionar o proxecto de Ambar e Concomitentes como un dos dez finalistas do seu prestixioso premio europeo.

Na web da fundación poderase votar para acadar un premio de 10.000 euros que axudará a desenvolver un
proxecto artístico participativo que beneficiará ás persoas con diversidade da comarca da Barbanza.

Para este proxecto, quixo subir un chanzo máis na súa aposta por artellar a vida independente en comunidade das persoas con diversidade funcional aliñándose con Concomitentes, unha entidade sen ánimo de lucro que desenvolve proxectos artísticos partindo de demandas cidadás en toda España. Esta entidade forma parte de rede europea New Patrons que ten creado dende 1990 máis de 500 obras de arte atendendo a demandas cidadás.

As dúas entidades presentáronse ao Premio europeo de Art Explora e veñen de ser seleccionadas como finalistas co proxecto Obxectivo: Vidas Independentes. A través del queren iniciar un proxecto artístico participativo cos usuarios do centro e a veciñanza do Barbanza, coa intención de buscar máis complicidades e xerar unha co-responsabilidade social que permita acadar a misión de lograr unha vida independente pero en comunidade das persoas con diversidade funcional.

Este proxecto, que tería unha duración dun ano e medio, permitiría por unha banda lanzar un proxecto participativo con sesións públicas coas que explorar o desexo colectivo de que significa a vida independente, e, pola outra, que un artista de renome internacional poida desenvolver unha obra de arte que atenda a este desexo que emana do proceso artístico.

A través do voto popular que esta aberto dende o 29 de outubro na dita páxina web poderase apoiar este proxecto. De ser gañadores obterán 10.000 euros o que poderá axudar a desenvolver un proxecto pioneiro na arte que combina participación e plena inclusión.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.