“Tí descarbonizas, eu pranto eucaliptos e Altri leva os beneficios” – Antón Luaces

02 Outubro 2024

É unha pura tolemia: cando Portugal ardía vai uns días a causa dos incendios ao parecer provocados por non se sabe quen e por que, chegando as lapas a prender en montes galegos fronteirizos cos lusos, as críticas á megaindustria Altri prevista na Ulloa salientan o feito de que no proxecto coñecido a Xunta de Galicia xogue un papel determinante xunto coa multinacional portuguesa e a entidade Abanca, herdeira de Caixa Galicia nunha operación aínda hoxe non de todo entendida. 

Altri e Portugal, de ir avante este proxecto a tres bandas que consumiría diariamente a auga que precisa actualmente toda a poboación que habita a provincia de Lugo, serían, xunto con Abanca, os grandes beneficiarios da instalación en territorio galego dunha macrocelulosa que emporcaría o medio ambiente, afectaría negativamente ao río Ulla e a súa comarca, ao  camiño de Santiago e, sen dúbida, á Ría de Arousa, na que desemboca o antedito río. Tal industria de celulosa implicaría, para a súa explotación en Galicia, a masiva plantación desde inimigo declarado dos montes galegos -que tampouco queren os portugueses- e que son os eucaliptos, grandes consumidores de auga, potencialmente doados elementos incendiarios cuxos refugallos van parar á ría arousá con innegable prexuízo para os milleiros de mariscadores que viven da extracción de bivalvos nos areais desta ría. 

Que gaña a Xunta con ese apoio nunca descafeinado a Altri, que rendas políticas ou económicas prevé extraer o goberno de Galicia desa operación que, maioritariamente, rexeitan os galegos fartos de promesas incumpridas e de cansinas actuacións inexplicables por parte dos que, tendo nas súas mans a rendas do poder, fan ostentación deste sen nin sequera dar oportunidade aos que protestan de facer sinais de que atenden e entenden as súas razóns?

Os que a vai anos peiteamos canas ou nin temos pelo que peitear, sabemos de que vai a celulosa. A ría de Pontevedra é unha mostra nada edificante. A celulosa alí radicada deixa acotío e dende os anos 60 do século pasado a súa pegada. Sabemos, polo tanto, de que falan os que se queixan e opoñen a Altri: están escarmentados. A diferencia é que, cando aquela industria se instalou, España era unha ditadura que ninguén -coido- acepta hoxendía, non?.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.