Sábado 19, choivas intermitentes baixando pola tarde. Lixeira suba da temperatura

18 Outubro 2024

O sábado agárdase a chegada dunha fronte cálida pola tarde. Teremos así unha mañá de choivas localmente moderadas baixando de intensidade pola tarde. Pola noite, ceos cubertos con orballos, máis persistentes na costa. As temperaturas experimentarán lixeiros ascensos, máis acusados nas mínimas. O vento soprará frouxo do suroeste, aumentando a moderado en terra pola tarde e a forte pola noite no litoral da Coruña.

meteogalicia

O noso mar:Vento do sudoeste, forza 3 a 5 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e mala á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá e á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.