Ribeira reforza o seu Grupo Municipal de Emerxencias ante a chegada da borrasca Kirk

08 Outubro 2024

Co fin de garantir a seguridade e benestar da veciñanza, o Concello puxo en marcha un plan
especial de reforzo para o Grupo Municipal de Emerxencias (GAEM), ante a chegada d
borrasca ‘Kirk’ nas próximas horas. Esta medida preventiva servirá para atender posibles
situacións de risco derivadas das intensas choivas e fortes ventos durante o temporal.
O reforzo permitirá contar co persoal necesario para enfrontar situacións que poidan
comprometer a seguridade na localidade. Segundo informou o alcalde de Ribeira, Luís Pérez
Barral, “a seguridade da cidadanía é prioritaria, e por iso mobilizamos os recursos que temos
ao noso alcance para responder de maneira inmediata e eficaz ante calquera eventualidade
que poida xurdir debido a esta borrasca.”
Dende o Concello informa que outros corpos como a Policía Local tamén colaborarán no
dispositivo.
Recoméndase á cidadanía tomar precaucións adicionais, como evitar desprazamentos
innecesarios, asegurar elementos móbiles das fachadas, evitar as zonas de árbores e lugares
á beira do mar ou zonas inundables. Ademais pídese que se sigan as recomendacións das
autoridades e ante calquera emerxencia chamar ao 112.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.