Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron hoxe en diversos operativos provocados por caídas de árbores nos municipios de Rianxo e Boiro.
A primeira delas tivo lugar en Boiro, e nela os bombeiros retiraron un exemplar que se desprendeu na estrada do cemiterio.
No concello de Rianxo, os bombeiros provinciais retiraron unha árbore que estaba sobre unha estrada municipal, en Sestelo, e outra que ocupaba unha pista municipal no lugar de O Tronco.




