Realizados pola Xunta traballos de rexeneración dos bancos marisqueiros sobre 2,2 millóns de m2

01 Outubro 2024

A Xunta de Galicia leva realizados traballos de rexeneración dos bancos marisqueiros sobre unha superficie de case 2,2 millóns de m 2 desde o 2010. Ademais, abordouse a descompactación do substrato en máis
de 8 millóns de m 2 e a sementeira de especies marisqueiras en máis de 3,7 millóns de m 2 .
Así o manifestou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, Marta Villaverde, na súa comparecencia na Comisión 8ª do Parlamento sobre as actuacións e valoración do exercicio das competencias da Xunta en materia de marisqueo.
Por outra banda, detallou que o Goberno galego apoiou á adquisición polo sector de 277 millóns de unidades de especies autóctonas de bivalvos e máis de 60 millóns de unidades de ameixa xaponesa para a realización do sementado nas zonas produtivas. Nesta liña, sinalou que a Consellería do Mar asignou un encargo á empresa pública Seaga para a recuperación e rexeneración das zonas de produción nos bancos de libre marisqueo. Nos proxectos levados a cabo nestes anos inclúense, avaliacións de idoneidade de determinadas accións, execución destas accións e de outras avaliadas en proxectos anteriores e seguimento das xa executadas para comprobar os resultados.
A directora xeral resaltou os avances relativos ao Plan de Competitividade e Sostibilidade do Marisqueo en Galicia , deseñado en coordinación co sector, que permitiu poñer a disposición de sector máis de 50 millóns de euros para o desenvolvemento de medidas de apoio aos profesionais afectados pola paralización da actividade extractiva, en medidas de apoio á conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños e á mellora das zonas de produción, entre outras.

Nesta liña, esbozou as distintas liñas de traballo que se está abordando desde organismos como o Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), o instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) ou na plataforma Redemar, ferramenta pioneira de colaboración entre os centros científicos e o sector. Unha labor na que tamén participan as universidades galegas e que están axudando a avanzar na optimización e mellora do proceso de obtención de semente, na obtención de estirpes resistentes aos cambios ambientais e a enfermidades que condicionan a súa viabilidade ou no estudo do estado dos bancos marisqueiros e as variables que inflúen na súa produtividade.
Factores múltiples
A responsable autonómica explicou que os factores que afectan á produción marisqueira son múltiples, entre os cales destacan os antropoxénicos, ambientais, meteorolóxicos ou os oceanográficos. Por iso recordou os efectos negativos de patoloxías como a Marteilia cochillia no berberecho, os episodios de baixa salinidade, a crise económica do 2008, a provocada por mor da Covid-19 así como os cambios dos ventos predominantes nas rías que afectan á presenza de nutrientes nas augas, entre outras. Para responder con eficacia a todos estes desafíos o Goberno galego, reforzou os recursos destinados a proxectos de investigación mariña superando os 4 millóns de euros.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.