Paco Nogueiras animará o magosto de Moimenta (Boiro) co espectáculo “Son animal”

29 Outubro 2024

O músico galego Paco Nogueiras estará este sábado 2 de novembro na Casa dos Veciños de Moimenta para ofrecer ao público infantil e familiar o espectáculo Son animal. Será a partir das 17.00 horas e encádrase nas celebracións da edición 2024 do magosto de Moimenta.

O programa do magosto incluirá música, xogos tradicionais para a rapazada, música (DJ Reivax), degustacións de castañas e sobremesas típicas traídas pola veciñanza e máis o devandito espectáculo infantil a cargo do músico multiinstriumentista Paco Nogueiras.

A proposta Son animal é unha homenaxe aos animais cos que convivimos, convertidos en divertidas cancións: hainos grandes, pequenos, con pelo, plumas, cornos, rabo, con catro patas, dúas… ningunha.

O espectáculo inclúe un feixe de cancións que nos levan polo mundo a través de diferentes estilos musicais: dende un aire portugués aos ritmos do leste de Europa, dende unha balada acústica a un animado rock&roll, dende unha marcha circense ate unha melodía de influencias andinas.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.