Outes restablece o servizo de auga municipal para consumo

30 Outubro 2024

O Concello de Outes anunciou hoxe mércores que levanta as restricións do uso da auga da traída, que dende o martes 15 de Outubro prohibían o seu consumo para uso humano. Segundo indicaron fontes municipais, hoxe mesmo a Consellería de Sanidade enviou os resultados das últimas analíticas realizadas as cales indican que a auga é apta para o consumo. Deste xeito, a veciñanza poderá botar man da auga municipal para tódolos usos, despois de dúas semanas de restricións.

O Concello informou que nestas dúas semanas se realizaron diversas labores de limpeza e desinfección das ETAPS e redes municipais de abastecemento, seguindo as directrices da Consellería de Sanidade, logo de que as analíticas realizadas o 15 de Outubro apuntaran á existencia de contaminación, a cal podería explicar a aparición de numerosos casos de gastroenterite no concello. Aínda que as analíticas realizadas con posterioridade ao 15 de Outubro xa indicaban que auga estaba libre de contaminación microbiolóxica, a Consellería de Sanidade realizou análises adicionais para descartar a presenza de norovirus. Unha vez obtidos os resultados destas análises confírmase que a auga é apta para o consumo.

O alcalde, Manolo González, agradeceu o comportamento exemplar dos veciños e veciñas de Outes diante desta situación así como o traballo desenvolvido polos responsables da Consellería de Sanidade, en particular á Xefa Territorial da Consellería, para solucionar este problema o antes posible. Tamén suliñou o traballo da concelleira de Obras e Servizos, Alba Quintela, nestas dúas semanas. Do mesmo xeito, pediu desculpas á cidadanía polos trastornos creados e anunciou que se tomarán medidas para mellorar a xestión da auga e minimizar así a posibilidade que se poida producir outra situación como esta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.