Outes mantén a prohibición de beber auga da billa, aumentan os casos de gastroenterite

16 Outubro 2024

O alcalde de Outes, Manuel González, anunciou este mércores que a situación sanitaria no municipio segue sendo preocupante, cun incremento notable no número de afectados por un virus estomacal. Ata o de agora, máis de 50 persoas foron diagnosticadas, un aumento significativo desde o primeiro balance que reportaba ao redor de 30 enfermos.

Ante este panorama, o Concello decidiu prorrogar a prohibición de consumir auga da traída municipal, que se distribúe a través de dous puntos de subministración. Esta medida tomouse en resposta ás dúbidas sobre se a auga podería ser a causa do brote de gastroenterite.

A recomendación de non beber auga da billa afecta a aproximadamente o 60% da poboación de Outes, é dicir, a preto de 4.000 veciños que dependen da rede municipal. O resto da comunidade utiliza pozos propios para o seu abastecemento. As autoridades continúan investigando a orixe do brote mentres se intensifican as medidas de prevención.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.