Os socialistas de Rianxo reclaman información sobre a fonte de auga en mal estado de Rianxiño

14 Outubro 2024

O grupo municipal socialista de Rianxo manifestou nun comunicado a “súa profunda preocupación” polo estado no que se atopa unha fonte en Rianxiño, na que se localizou un episodio de contaminación hai máis de 20 días e o PSOE reclama máis información ao respecto sobre a intoxicación sufrida por un grupo de rapaces e varias familias.

A agrupación explícase deste xeito no comunicado: “Os socialistas de Rianxo mostramos dúbidas sobre a actuación municipal, sendo a súa competencia, que se limitou a pechar a fonte por máis de 20 días ( dende o 26 de setembro) e á colocación dun bando recentemente sen aportar información á veciñanza nin solución algunha, cando a fonte sempre tivo uso polos veciños e veciñas sen ningún tipo de percance”. Tamén anuncian que solicitarán a verificación do resto de fontes, tal e como reflexa a lexislación vixente RD 140/2003, para “que a veciñanza de Rianxo teña a garantía do uso das numerosas fontes que dispoñemos no municipio así como solicitaremos información en base a actualización do catálogo das mesmas e que accións están a desenvolver o grupo de Goberno no último ano de lexislatura en torno as analíticas das fontes municipais”.

O grupo, a través do seu voceiro Óscar Rial, esixe o cumprimento do programa electoral do equipo de Goberno, que, segundo recordan, no seu punto 35 di que “levarase a cabo un plan de recuperación de fontes, lavadoiros e cruceiros baseados na limpeza e sinalización…”.

Para a agrupación, o caso de Rianxiño “non fixo máis que aflorar a situación que se ven dando en Rianxo no último ano especialmente sobre o desleixo na aplicación de protocolos, caso significativo o de desratización en puntos céntricos da nosa vila (Cabo da Vila, praciña, rúa Hospital, etc), a revisión de extintores, con data de revisión en algún dos casos dende Abril 2024, revisión dos ascensores,etc”.

Outros artigos

A Cátedra Castelao da USC proxectará a figura do autor rianxeiro

Este 5 de novembro a Universidade de Santiago activou a Cátedra Institucional Castelao, creada co obxectivo de “promover a difusión e proxección cara ao futuro da vida e a obra do autor e político rianxeiro, e, tamén, a lingua e a cultura galegas”. En palabras do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión