O Son, Muros, Outes, Ribeira e Boiro acollerán a proxección do documental “Bravú XXX”

24 Outubro 2024

Bravú XXX, o documental producido por Nós Televisión para conmemorar o 30º aniversario dese movemento musical, poderá verse no vindeiro mes de novembro en 25 pequenos e medianos concellos da Coruña, co apoio da Deputación. O filme chegará a  auditorios, edificios de usos múltiples, casas de cultura, bibliotecas, centros sociais, culturais e de ensino de Rois, Zas, Ordes, Culleredo, Sada, Curtis, Porto do Son, Miño, A Laracha, Carral, Neda, Negreira, Muros, Outes, San Sadurniño, Betanzos, Arzúa, Ribeira, Cedeira, Corcubión, Malpica, Melide, Carnota, Boiro e Muxía. Todas as proxeccións serán de balde.

A deputada de Cultura, Natividade González, presentou este xoves 24 de outubro, na sede provincial, o calendario de pases, nunha rolda de prensa na que a acompañaron o condutor e un dos guionistas do filme, Xurxo Souto, e a directora, produtora e tamén guionista do documental, Ana Viqueira.

“Estamos falando dun movemento que marcou historia no mundo da música deste país, do que seguen bebendo moitos dos nosos músicos e músicas de agora”, afirmou González. “Por iso”, engadiu, “no departamento provincial de Cultura non podiamos menos que sumarnos á celebración deste aniversario e facilitar que o documental se poida ver por todo o territorio coruñés”.

Ana Viqueira agradeceu “a oportunidade de que o filme se proxecte, dentro do ciclo Outono das artes, en vinte e cinco concellos, pequenos e medianos, de forma aberta, de balde, para que toda a sociedade poida velo e desfrutalo e que a música e a cultura sexan un dereito e non un privilexio, como ben di o lema da área de Cultura da Deputación”. A directora referiuse á principal tarefa que tiveron por diante á hora de realizar o documental: “facelo desde a perspectiva do propio movemento bravú, que foi unha forza cultural, musical e colectiva que o revolucionou todo”.

Xurxo Souto reiteroulle os agradecementos á Deputación “por ponderar e difundir este gran cántico colectivo”. “Desde logo”, continuou, “hai trinta anos non pensabamos que a Deputación nos ía apoiar, pero si nos apoiou esta, que, como representación de todas, fixo de altofalante para este cántico”. Para o músico e profesor, o documental e a xira de proxeccións “son unha celebración da creatividade, pero da creatividade en colectivo, que é a clave de todo, a forma subversiva”. “O filme é xa fermosísimo desde a forma, en clave total de modernidade, cun acabado extraordinario, con momentos absolutamente emocionantes”, rematou.

As proxeccións

4 de novembro. Rois. CPI Os Dices. 16.45 h.

6 de novembro. Zas. IES Maximino Romero de Lema, en Baio. 12.45 h.

7 de novembro. Ordes.Auditorio da Casa da Cultura. 20.00 h.

8 de novembro. Culleredo.Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. 19.30 h.

8 de novembro. Sada. Capela de San Roque. 20.00 h.

8 de novembro. Curtis. Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro. 21.00 h.

8 de novembro. Porto do Son. Casa da Cultura de Portosín. 21.00 h.

9 de novembro. Miño. Auditorio do Centro Social da Rúa. 19.30 h.

13 de novembro. A Laracha. Casa da Cultura. 13.00 h.

14 de novembro. Carral. Casa da cultura. 20.00 h.

14 de novembro. Neda. Biblioteca Municipal 19.00 h.

14 de novembro. Negreira. Auditorio Afonso Eanes de Cotón. 20.30 h.

15 de novembro. Porto do Son. Casa da Cultura de Porto do Son. 21.00 h.

16 de novembro. Muros. Centro Cultural e xuvenil. 20.30 h.

16 de novembro. Outes. Auditorio da Casa da Cultural. 20.00 h.

16 de novembro. San Sadurniño. Casa da cultura. 19.30 h.

16 de novembro. Betanzos. Cine Alfonsetti. 20.00 h.

19 de novembro. Arzúa. EFA Piñeiral. 12.20 h.

21 de novembro. Ribeira. Auditorio Municipal. 11.30 h.

21 de novembro. Cedeira. Auditorio Municipal. 11.30 h.

22 de novembro. Corcubión. Capela de Pilar. 20.00 h.

23 de novembro. Malpica. Auditorio do Centro Cívico. 20.00 horas

29 de novembro. Melide. Centro Sociocultural Mingos de Pita. 20.00 h.

29 de novembro. Carnota. Salón de actos do Concello. 21.00 h.

30 de novembro. Boiro. Centro Social. 19.30 h.

30 de novembro. Muxía. Salón do Voluntariado. 20.00 h.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.