O PP de Ribeira reclama a reposición do valado no Parque do Quixote en Aguiño

27 Outubro 2024

Un ano despois de finalizarse as obras das beirarrúas da rúa Castelao en Aguiño, o valado do parque infantil coñecido como Parque do Quixote segue sen ser reposto, deixando aos usuarios, especialmente aos máis pequenos, expostos ao tráfico da estrada próxima. A situación preocupa ás familias que frecuentan o parque, quen destacan o risco que supón a falta de peche no espazo, situado xunto a unha vía con tráfico constante.

Os veciños critican a falta de seguimento por parte do goberno local, sinalando que non se cumpriron os compromisos do proxecto inicial, que incluían a reposición do valado retirado para acometer as obras. As familias que visitan o parque comentan que están en constante alerta para evitar que algún menor saia cara á estrada, unha situación que, sinalan, é insostible.

Desde o PP de Ribeiraa como medida de seguridade, solicitan que a reposición do valado no Parque do Quixote sexa atendida coa máxima brevidade para protexer aos nenos e devolver a tranquilidade aos usuarios do parque.

Remitida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.