“O mundo non se para”. Luís Celeiro

17 Outubro 2024

O susto que pasou aquela xente foi grande, moi grande. Estaban na cama e rebentou o
móbil dun deles. Era un aparello de uso necesario ou, case mellor dito, imprescindible, pero
naquel momento estaba apagado e pousado nunha mesa coa tapa de vidro soprado. Alí, uns
e os outros estaban na procura de tempos novos, de novas ideas e de outras cousas. A noite
é para durmir, dicía unha das persoas deitadas naquela cama con sabas de seda e cor
marela.
Ao estourar ol aparello, agora tan necesario, o cuarto e a xente quedaron ás escuras, en
silencio e rezando en voz baixa o que sabían, sen que ninguén llelo ensinara.
Inmediatamente desenchufaron o teléfono, pero xa era tarde. O vidro que cubría a mesa
estalara en mil anacos e os corazóns estaban revolucionados e palpitando apurados. A
lección quedou aprendida, o móbil non debe cargase máis do oitenta por cento e, para ben
ser, non debe ter menos do vinte por cento de carga, para que as súas zonas de tensión non
fomenten a degradación da batería, para que ninguén se chame a enganos.
Cómpre andar con xeito con estas cousas, tan importantes como as de comer. Os
cargadores de baixa calidade non deben someterse a un uso excesivo e en ningún caso
deben estar os teléfonos expostos a temperaturas elevadas, para preservar a conversación,
o aparato e a orella.
Os expertos din que é conveniente ir pouco a pouco, cargar a batería lentamente e facelo
nun lugar arredado do corpo e principalmente arredado da cabeza. O material no que están
fabricadas as baterías é de litio, un magnífico condutor da electricidade e moi sensible aos
cambios de temperatura, lixeiro e prateado, como o ouro branco. Os que saben din que é o
metal máis lixeiro e menos denso en estado sólido a temperatura ambiente.
Aquí, no entorno, non se explotan as minas. A mesma lexislación obriga a que os
xacementos minerais gocen da cautela suficiente para que non haxa impacto ambiental de
ningún tipo. Para que o litio sirva á industria e que veña de onde queira que veña, de onde
sexa. A Tía Manuela di que hai que fiarse da ciencia para entender o camiñar do futuro,
obrigatoriamente respectuoso cos recursos naturais e co uso dos mesmos na industria, para
garantir que o mundo non se para, que a intelixencia non se esgota e o consumo de enerxía,
tampouco.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...