“O medio ambiente actúa en contra do marisqueo na ría de Muros-Noia”. Antón Luaces

19 Outubro 2024

Xa está decidido: suspéndese temporalmente o marisqueo na ría de Muros-Noia, e tres mil mariscadores de Noia e a súa contorna vense na obriga de gardar raños, sachos e rastros por tempo indefinido catro días dempois de reanudada a campaña e debido á presencia de plaguicidas, resíduos industriais procedentes da incineración ou da fabricación de compoñentes de transformadores eléctricos, que inciden na localización na Ría da Estrela  desas ficotoxinas que, en marzo de 2019, xa provocaran o peche de polígonos bateeiros na ría de Vigo.

Culpa da auga arrastrada nas escorrentías da choiva rexistrada estes días, dos vertidos, d a temperatura do mar?… 

O certo é que a Consellería do Mar tenta pór couto a un problema que, con anterioridade, non se soubo prever ou non se poido abordar: as toxinas lipofílicas están presentes na ría e, entre estas substancias introducidas no medio ambiente en forma de compostos funcionais como os plaguicidas ou en forma de resíduos industriais procedentes da incineración ou da fabricación de compoñentes de transformadores eléctricos xa citados, atópanse elementos cualificados de canceríxenos e que afectan ao sistema endocrino (función hepàtica). 

Distintas referencias (máis dun cento) a estas toxinas lipofílicas falan da obtención de probas da súa ampla distribución na biosfera que entran nos seres humanos a través de cadea alimentaria. Boa parte delas van parar ao tecido adiposo para seren escretadas na bilis e no intestino. 

Notificada esta incidencia á confraría de pescadores de Noia polo Intecmar, os mariscadores quedan novamente man sobre man agardando a que os moluscos infaunales recuperen desas altas concentracións de biotoxina lipofílica e que permitan reanudar a interrompida campaña marisqueira iniciada o pasado día 14 de outubro. 

Esta decisión non sorprende. É máis: agardábase polos propios mariscadores como consecuencia da detección na costa de concentracións desa biotoxina.

Os resultados de novas análises favorables indicarán o retorno ao labor. Máis non se albisca cando vai ser ese día. 

O certo é que, por unha ou outra causa, o marisqueo na ría de Muros-Noia non acada a normalidade nen por recomendación. E no mar, que se saiba, non se poden  prantar allos contra as meigas.

Outros artigos

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

+

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

+

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.