O Mago Teto trae a Muros un espectáculo único de maxia e rock en directo

10 Outubro 2024

O Mago Teto vai levar a Muros, este sábado 12, o seu espectáculo Rock ‘n’ Magic, dirixido por Fran Rei, que mestura nunha única función dous ingredientes que teñen máis relación do que podemos pensar de primeiras: o rock and roll e máis a maxia. Nesta proposta o Mago Teto une o seu talento ao de Fer Risco na batería e Mon Orencio na guitarra “para construír un espectáculo onde a maxia convive con algúns dos clásicos do rock and roll”.

Aparicións sorprendentes, xogos de adiviñación e pequenas e grandes ilusións máxicas comparten protagonismo coa música rock. Led Zeppelin, Bob Dylan,Los Suaves e infinidade de rock stars están presentes neste espectáculo a través dunha banda en directo que son o complemento perfecto á maxia do artista.

As entradas xa están dispoñíbeis e pódense reservar a través do documento de inscrición ou presencialmente nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros en horario de 8.00 a 15.00 h.

Elenco artístico, lugar e datas

Maxias: Teto

Guitarra eléctrica e voces: Mr.Cool

Baterista: Fer Risco

Sábado, 12 de outubro ás 18.00 h

Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

Duración: 70 minutos

Público: Todas as idades

Entrada: 2,50 €

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.