O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca as Xornadas por un Monte Vigo en Taragoña (o 27 de outubro)

19 Outubro 2024


O vindeiro domingo 27 de outubro celebrarase a primeira das Xornadas por un Monte Vivo en Taragoña (Rianxo) cunha programación chea de actividades para facer partícipe á cidadanía na xestión activa do territorio. A xornada mostrará os avances do proxecto nos últimos meses ao abeiro da Fundación Biodiversidad, visibilizando as boas prácticas das comunidades de montes de Rianxo e inspirando a outros axentes a traballar en rede.

Organiza o Laboratorio Ecosocial do Barbanza, financiado con fondos europeos, grazas ao apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO).

As entidades socias do proxecto desenvolverán múltiples actividades neste último domingo de outubro: sesións formativas e de divulgación, un roteiro comentado para visitar os traballos silvícolas dos montes da Plataforma, pastoreo do seu rabaño de cabras, traballos comunitarios e charlas, entre outras.

Esta xornada convócanse unha vez superados os primeiros oito meses do proxecto ao abeiro da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), como mostra a pequena escala dos avances do proxecto neste período. Tras ser seleccionado na convocatoria de bioeconomía forestal, o Laboratorio recibiu case 2 millóns de euros de fondos europeos para intervir nos montes de Rianxo cos obxectivos de xerar emprego e oportunidades económicas, conservar a biodiversidade e previr incendios forestais.

Obxectivos da xornada

Demostrar a pequena escala a proposta presentada a Fundación Biodiversidad, dando continuidade de forma práctica e visíbel ás aprendizaxes do Laboratorio Ecosocial do Barbanza neste período.

Mostrar ás administracións a existencia deste proxecto e a vontade das comunidades de montes de Rianxo por seguir traballando nun proxecto común Informar á cidadanía sobre a importancia da xestión activa e custodia do territorio como garantes de sustentabilidade social, económica e ambiental.

Visibilizar boas prácticas das comunidades de montes locais xa en marcha.

Implicar á cidadanía na xestión do territorio, en especial ás novas xeracións, que serán quen constitúan as comunidades no futuro.

Inspirar a outras comunidades de montes a traballar en rede cara a unha maior sustentabilidade no aproveitamento dos seus territorios.

Ilusionar ás comunidades de montes de Rianxo a través dun evento no que sexan protagonistas.

Documentar toda a experiencia e sumar o material xerado á bagaxe das entidade colaboradoras para outras convocatorias, solicitudes de axudas ou premios.

Entidades socias do proxecto

Fundación RIA, entidade coordinadora do proxecto [comunicación e gobernanza do partenariado], Plataforma pola Defensa do Monte [planificación e xestión sustentable do territorio], Universidade de Santiago de Compostela (CISPAC e HISTAGRA [avaliación da sustentabilidade na xestión comunitaria e aproveitamento enerxético colectivo] e UXAFORES [rexeneración de solos e captura de carbono] Universidad Pablo Olavide de Sevilla [avaliación da sustentabilidade na xestión comunitaria], Fundación Montescola [prospectiva comunitaria, voluntariado e educación medioambiental] e Concello de Rianxo [programa de talleres formativos, apoio á coordinación]. Colaboran as CMVMC de Baroña; Leiro; O Fieitoso de Taragoña; Araño; Paradela; Isorna; Campelo, Vilar e Cerqueiras.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.