O Laboratorio Ecosocial do Barbanza celebra unha nova xornada de voluntariado ambiental en Rianxo

03 Outubro 2024

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convocou unha nova xornada de voluntariado en Rianxo, actuando por primeira vez na área de dúas comunidades de montes veciñais; a do Araño e a de Campelo, O Vilar e Cerqueiras.

Segundo explican dende o Laboratorio, a organización conxunta con dúas comunidades de montes limítrofes “busca sensibilizar aos comuneiros e comuneiras da necesidade de traballar da man, afrontando de forma coordinada os problemas que lles son comúns, como a propagación de especies invasoras e os riscos de lumes forestais”.

Por outra banda, esta nova convocatoria chega unha vez superado o ecuador das actividades de voluntariado planificadas no marco do Laboratorio, unha ocasión para celebrar que tras 10 xornadas xa se superaron aos 350 voluntarios e voluntarias.

Esta undécima xornada celebrarase na mañá do sábado 10 de agosto e centrará o seu traballo na eliminación de acacia en ambos os dous montes veciñais. Está aberta á participación de todos os públicos e dará comezo ás 9:30 da mañá desde o acceso ao Miradoiro da Moura. É necesaria inscrición para participar, que deberá realizarse enviando un correo a info@montescola.org ata o
xoves 10 de outubro inclusive.

Ao rematar os traballos ofrecerase xantar de albaroque ás persoas participantes. Coordinada por Montescola (entidade a cargo das actividades de prospectiva comunitaria, voluntariado e educación medioambiental do Laboratorio Ecosocial do Barbanza), esta xornada conta tamén coa colaboración das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común do Araño e a de Campelo, O Vilar e Cerqueiras.

Apoio

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.