“O Foro do Litoral abre novas posibilidades á franxa costeira galega”. Antón Luaces

22 Outubro 2024

Dende hoxe, a cidadanía galega ten un mes para presentar suxerencias e ideas que contribúan á organización do Foro do Litoral de Galicia.

 O Foro vai constituirse coma o máximo ente de participación, consulta e asesoramento en materia de ordenación da costa da comunidade autónoma. O decreto que regulará a composición e funcionamento interno do devandito Foro vai ser sometido a exposición pública pola Xunta desde hoxe mesmo, cadrando no tempo -non no día- coa celebración dos primeiros 20 anos de vida da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.

A constitución do Foro do Litoral , contemplada na Lei de Ordenación e Xestión Integrada do Litoral de Galicia (Loxilga) foi aprobada en xullo do ano pasado e paralizado o seu desenvolvemento durante meses por mor dun recurso presentado polo Goberno central. 

Unha vez recibido o aval do Tribunal Constitucional (sentenza do pasado mes de abril) o obxectivo do goberno vai na percura de empregar todos os instrumentos  que favorezan a xestión da costa galega canto antes. 

Este novo espazo participativo tentará integrar á Administración autonômica, ás tres universidades galegas, organizacións dos principais sectores produtivos, organismos científicos e grupos adicados á defensa do patrimonio cultural. Unha integración longamente acariñada a outros efectos e que só en determinadas circunstancias se fixo realidade.

Os membros deste Foro deberán garantir o cumprimento dos principios de xestión integrada da costa, asegurando amáis a participación activa e efectiva dos sectores socioeconómicos nas estratexias e proxectos relacionados coa ordenación costeira.

O pasado 9 de outubro ficou constituida a Comisión Interdepartamental de Coordinación do Litoral, encargada de dar pulo ao Foro e elaborar as directrices de ordenación do litoral, e será o marco de referencia para futuros instrumentos, segundo as previsións da Xunta.

Outros artigos

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

+

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

+

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.