O Concello de Ribeira mostra a súa solidariedade e o seu apoio ás vítimas da dana en Levante

31 Outubro 2024


O Concello e os grupos da Corporación de Ribeira gardaron un minuto de silencio polas vítimas da dana que asola boa parte do España, cebándose especialmente na Comunidade Valenciana.

O Concello púxose a disposición das autoridades polo que puidesen precisar. “Nestes momentos de dor e consternación, expresamos a nosa solidariedade e apoio a todas as persoas afectadas pola recente dana que golpeou con forza especialmente a Comunidade Valenciana, deixando un saldo tráxico de persoas falecidas e desaparecidas”, sinalou o equipo do Concello, engadindo que dende Ribeira “queremos enviar o noso máis sincero pésame ás familias e amizades que perderon aos seus seres queridos, e estendemos o agarimo e esperanza a quen aínda esperan noticias sobre o paradoiro dos seus familiares”.

“Queremos que a Comunidade Valenciana saiba que, nestes momentos tan duros, conta coa solidariedade e o apoio de todos e todas nós”, expresou o rexedor Luís Pérez Barral en nome da Corporación local e da veciñanza, engadindo que “desexamos que poidan superar este difícil episodio e reconstruír o perdido coa forza da unidade e a esperanza”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.