O Concello de Rianxo colabora con SOGAPS para levar axuda humanitaria aos campamentos do pobo saharauí

03 Outubro 2024

O Concello de Rianxo volve a colaborar coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) nunha campaña solidaria de emerxencia. Desta volta solicítase axuda urxente en relación coa crise humanitaria provocada polas intensas choivas, que derrubaron numerosas infraestruturas e obrigaron a case 3.000 persoas a ser evacuadas das súas casas. Tamén foron destruídos centros educativos e médicos, polo que practicamente todo o material quedou inutilizábel, explican dende a asociación.

Desde SOGAPS engaden que a súa intención é mercar material sanitario e viaxarán aos campamentos o día 24 de outubro. Porén, solicitan toda a colaboración posíbel para axudar a estas familias nestes momentos de necesidade urxente. Todas aquelas persoas que desexen colaborar, poden facelo a través dun donativo económico. O número da conta bancaria da asociación é: ES48 2080 5056 1130 4006 3331.

Outros artigos

Sábado 9, nubes e claros e risco de orballos pola noite

Este sábado, 9 de novembro, Galicia situarase baixo a influencia dun sistema de altas presións, que traerá ventos de compoñente oeste, cargados de humidade. Espérase unha xornada marcada por ceos moi nubrados en xeral, con probabilidade de orballos, especialmente na...

+

Este sábado en Ribeira contacontos no Centro Cultural Lustres Rivas

Este sábado 9 de novembro ás 12.00 h temos contacontos no Centro Cultural Lustres Rivas Inacio Vilariño trae a Ribeira os contos máis incribles e os cantares máis sonoros co seu espectáculo “Burromaquia”. Neste espectáculo de narración oral encontrámonos cunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indignación en la zona cero”. José Castro López

“Indignación en la zona cero”. José Castro López

Unos años después de que los filósofos griegos Tales de Mileto, Anaxímenes,yHeráclito buscaran la esencia del universo o el principio fundamental de todas las cosas,Empédocles de Agrigento recogió sus pensamientos y concluyó que “la tierra, el aire, elfuego y el agua”...