O Concello de Boiro valora “moi negativamente” os Orzamentos da Xunta para o 2025

23 Outubro 2024

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o tenente de alcalde e concelleiro de Facenda, Luis Ruiz, fixeron na mañá deste 23 de outubro unha valoración dos Orzamentos da Xunta de Galicia 2025, que son, sinalaron, “uns orzamentos que se esquecen, un ano máis, dos veciños e veciñas de Boiro ao non incluír ningunha das solicitudes formuladas por este Concello”. Lembraron que entre estas demandas atopábase un requirimento formulado pola Administración local en innumerábeis ocasións: a residencia da terceira idade. “Boiro non ten este servizo, nin público nin privado, e xa puxemos a disposición da Xunta de Galicia os terreos e un anteproxecto polo que seguiremos a loitar por esta demanda da veciñanza”, afirmou Luis Ruiz.

Criticaron a maiores que tampouco se corresponde no documento dos Orzamentos para o ano 2025 a necesidade de ampliar as Galiñas Azuis “que xa se quedan pequenas e cada ano quedan fora nenos e nenas”, sinalaron, engadindo que outra das demandas urxentes é a mellora do Centro de Saúde de Boiro, un proceso que debera incluír a dotación de novas especialidades e novos servizos: “No canto diso vemos como se minguan os servizos e os profesionais, hai persoas que non teñen un médico asignado e temos que esperar máis dunha semana para unha consulta”, recoñeceu o tenente de alcalde.

Pola súa parte o alcalde, José Ramón Romero, lamentou que “a Xunta de Galicia se esqueza, unha vez máis, de Boiro para os seus investimentos e que o reparto de fondos non se faga de xeito equitativo entre municipios”. O mandatario destacou algunhas das necesidades máis urxentes e que tampouco se contemplan nosOorzamentos para o próximo exercicio como son os arranxos na AC-305, unha vía autonómica “que necesita un arranxo xeral para a mellora da seguridade, especialmente ao seu paso polos núcleos de poboación e zonas máis urbanas como a rúa Principal de Boiro, Escarabote ou Vilariño”.

Outra das demandas formuladas nos últimos anos é a modernización da EDAR e a construción dunha segunda depuradora: “Un bo sistema de saneamento é fundamental para o noso pobo pola importancia do marisqueo e a acuicultura”.

Denunciaron que tampouco se reflicte nos investimentos previstos para o ano 2025 ningunha mellora nos centros de ensino do municipio: “En Boiro temos 7 centros de ensino, algún deles moi antigo e cunhas necesidades graves e que precisan de arranxos urxentes como é o caso do Praia Xardín”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.