O Concello de Boiro organiza unha xornada de convivencia en familia cunha saída a Pontevedra

08 Outubro 2024

O Concello de Boiro organiza un roteiro educativo de convivencia en familia o vindeiro 19 de outubro. A actividade vai consistir nunha visita á cidade de Pontevedra para familias.

O programa da visita vai consistir nunha visita guiada pola Pontevedra monumental e ao Museo de Pontevedra; o xantar será por conta propia na área recreativa de Campo Lameiro e, pola tarde, continuará o programa cunha visita guiada á área arqueolóxica e exposición do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro e unha exhibición de lume.

A saída do autobús será ás 9.30h da Cachada, na avenida da Constitución diante da Casa da Cultura, e o prezo da actividade será de 10 euros.

Inscricións e máis información da actividade do Departamento de Educación, de xeito presencial na Casa da Cultura de Boiro de 9.00 a 14.00 horas ou no teléfono 981 84 84 25.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...