O Concello de Boiro leva a cabo actuacións de mellora da seguridade e infraestruturas en Espiñeira

17 Outubro 2024

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron na mañá deste 17 de outubro o Polígono Industrial de Espiñeira para coñecer o desenvolvemento das obras de mellora da infraestrutura viaria e instalación de cámaras de seguridade que se están a levar a cabo no complexo industrial.

Os traballos buscan dar completar ás melloras dunha vía dunha lonxitude de 680 metros comezadas no ano 2023. Proxéctase a posta a punto da vía coa realización dun treito de beirarrúa e a pavimentación das beirarrúas existentes, que na actualidade están sen pavimentar, facendo que estas sexan máis estreitas e menos seguras para as persoas usuarias do polígono.

“Estanse revisando tamén os servizos para que as actuacións redunden na mellora da actividade empresarial e que chamen a que máis empresas conten con Boiro para comezar aquí a súa actividade empresarial”, afirmou Luis Ruiz.

Para a mellora da seguridade estase facendo tamén a instalación de cámaras de vixilancia que cubran todas as factorías do parque empresarial. “Con esta actuación imos a seguir mellorando a seguridade das empresas do Polígono co obxectivo de previr o roubo, vandalismo ou danos nas propiedades, algo no que estamos a traballar dende o ano 2019”, afirmou o alcalde, quen sinalou que “aínda que xa se conta cun sistema de seguridade e vixilancia, o que se pretende é a substitución de aquelas cámaras máis antigas e a instalación de novas en zonas determinadas de acceso ou aparcamentos públicos”.

Para levar a cabo estas actuacións o Concello de Boiro recibiu unha subvención da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia por importe de 105.919,79 euros.

O Parque de Espiñeira comezou a súa andaina no ano 1998 e na actualidade conta cunha superficie de máis de 300.000 metros cadrados, co terreo industrial completamente esgotado e máis do 80% das parcelas xa ocupadas.

Nos últimos anos instaláronse no Polígono de Espiñeira grandes factorías polo que a afluencia diaria de persoas é cada vez maior. Isto, sumado ao tempo transcorrido, fai que as infraestruturas viarias precisen de melloras e tamén de aumentar as medidas de vixilancia para garantir a seguridade das empresas fronte aos posíbeis casos de vandalismo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.