O Concello de Boiro achega formación para previr as condutas suicidas

03 Outubro 2024

O Concello de Boiro, a través do Centro de Información á Muller (CIM), ofrece unha xornada de formación para asentar coñecementos básicos en torno á prevención e intervención en condutas suicidas. O curso terá lugar o venres 25 de outubro no Centro Social de Boiro.

O obxectivo desta xornada é ofrecer “unha formación para dar a coñecer os datos estatísticos, factores de risco, desencadeantes e de protección, grupos vulnerábeis, sinais de alarma, valoración de risco e intervención ante a conduta suicida”.

O Concello de Boiro leva a cabo esta actividade en colaboración coa entidade Andaina Pro Saúde Mental para dar unhas pautas sobre como tratar as especificacións da intervención con poboación infanto-xuvenil.

A formación será o mércores 25 de outubro no Centro Social de Boiro en horario de 10.00 a 14.00 horas. Inscrición previa no teléfono 981 84 48 00 ext. 1285 ou mediante o enderezo electrónico cim@boiro.org indicando os datos persoais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.