O Castro da Croa xa é propiedade do conxunto da cidadanía pobrense

04 Outubro 2024

Como xa se avanzara na sétima edición das xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo, o Concello formalizou a compra do Castro da Croa. O alcalde e titular da Concellaría do Patrimonio, José Carlos Vidal, deu a coñecer este venres 4 de outubro tódolos detalles sobre a adquisición desta propiedade por un importe de 68.195 euros. “Podemos dicir que este ben patrimonial xa é da veciñanza pobrense”, comentou, engadindo que o seguinte paso a tomar é traballar sobre o terreo, primeiramente, con técnicas non invasivas.

“Hai interesantes proxectos científicos que se están desenvolvendo en toda Galicia arredor da Idade do Ferro. Queremos inserir este xacemento arqueolóxico dentro dunha investigación sobre a morfoloxía e estrutura dos castros no territorio galego. Cun xeorradar obteremos un retrato do que se agocha baixo a superficie deste predio aínda sen explorar. En función dos resultados que, agardo sexan prometedores, a nosa vontade é emprender unha campaña de escavacións que saquen á luz os segredos que agocha este lugar”, sinalou, apuntando que “somos un Goberno municipal que actúa en consecuencia aos compromisos adquiridos e, en materia patrimonial, xa se constata unha clara evolución. Comezamos o ano materializando a compra da Casa da Cadea, continuamos coa prospección arqueolóxica na Corte do Santo e a posta en marcha da sétima convocatoria das xornadas de divulgación histórica e patrimonial, ademais de progresar noutras iniciativas”.

A superficie desta parcela é de 8.804 metros cadrados, situada nunha zona elevada da parroquia de Santo Isidro de Posmarcos como se dun miradoiro natural se tratase preto do río Lérez.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.