O BNG denuncia o uso deturpado do topónimo A Toxa no Foro en que participan dous ministros e exixe ao Goberno respecto á legalidade

04 Outubro 2024

O Bloque Nacionalista Galego exixe a actuación por parte do Goberno para que, nunha nova edición do Foro “A Toxa” en que participan dous ministros a organización “deste deixe de empregar unha forma deturpada do topónimo e empregue a única legalmente estabelecida”. Para a organización nacionalista, denunciou o deputado do BNG no Congreso Néstor Rego, “estase a ser cómplice dun incumprimento da normativa lingüística e do Nomenclátor Oficial da Galiza”. Rego lembra que o Foro recibe diñeiro público polo que debe cumprir coa lexislación vixente.

Como cada mes de outubro desde hai seis anos decorre na illa da Toxa durante tres días un Foro en que participan diversos cargos institucionais da Xunta, do Goberno do Estado, da Unión Europea e mesmo persoas de influencia do mundo económico e empresarial. “Por desgraza”, denuncia o BNG, “máis unha vez as persoas organizadoras optaron por deformar o nome lexítimo da Illa da Toxa, no Concello do Grove, coa españolización artificiosa e ilegal do topónimo”.

No caso do Goberno central estará o Ministro de Economía e o de Presidencia e Xustiza. Participarán tamén o recentemente nomeado Gobernador do Banco de España, o Presidente da Xunta, ex-ministros e ex-ministras e ex-presidentes do executivo estatal, tanto do PP como do PSOE.

“A denominación do Foro segue a empregar a toponimia non oficial da Galiza a pesar das numerosas protestas sociais que se teñen realizado e tamén das iniciativas parlamentares que o BNG ten dirixido ao Goberno” acusa o deputado do BNG. Neste sentido, Rego indica que este empeño en deturpar o topónimo oficial “é algo incompresíbel” cando o uso da toponimia galega non é máis que o cumprimento da lei”.

As leis e decretos que fixaron as denominacións oficiais na Galiza, lembra o deputado nacionalista, son de obrigado cumprimento tanto para entidades privadas como públicas. “Loxicamente, corresponde á Administración pública velar polo cumprimento das normas en materia lingüística, tanto estatais como galegas, e máis se reciben diñeiro público para a organización de eventos como este” apunta Rego.

Outros artigos

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.