
Como cada mes sae un novo número, da nosa publicación mensual “O Barbanza” correspondente o mes de outubro. Esta edición a 66, está xa en distribución de balde en toda a comarca, trae unha ampla axenda das actividades sobre os actos nos concellos da comarca, dedicando especial información á XXVII Xornada Valle-Inclán que se celebran na Pobra durante este mes.
Coma sempre o turismo, a cultura, a historia como a reportaxe sobre as VII Xornadas A Pobra no Tempoe o eresumo das nosas letras e a toponímia, completan este número de “O Barbanza” de outubro o 66, e que como é habitual ten unha tirada de 7.000 exemplares. Amais do seu formato físico pode descargarse en pdf desde o enlace: “O Barbanza” ou ben leelo nas distintas plataformas como pc, tablet e móbiles.
Invitarvos a seguirnos a diario en “www.obarbanza.gal“, onde continúan a aumentar os nosos letores que no último mes superaron a media de 3.100 usuarios únicos/día con xornadas que superan os 5.500 usuarios/día, e que seguen a actualidade da comarca as 24 horas.
Coma sempre xa sabedes que podedes mandarnos as vosas opinións, informacións, denuncias e convocatorias a redaccion@obarbanza.gal.



