Novembro arrinca en Rianxo con festas de Samaín, o magosto do Araño e unha cita clown con Xampatito Pato

30 Outubro 2024

O Concello de Rianxo compartiu a axenda de actividades da Área de Cultura para esta primeira fin de semana de novembro, marcada pola celebración do Samaín, listaxe á que se engaden as propostas das asociacións con sede no termo municipal.

XOVES 31

A partir das 21:00 h – Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro

Celebración do SAMAÍN    Con concurso de cabazas, baile, xogos, bingo …. e outras sorpresas terrorífícas.

VENRES 01 e SÁBADO 2

SAMAÍN 2024 organizado conxuntamente coas entidades ASOC. A MORENIÑA, FESTIVAL ANTROSPINOS e a colaboración da ARE

–Venres día 1 – a partir das 17:00 h. – Campo de Arriba de Rianxo

Nesta primeira xornada, poderemos participar nuns obradoiros de cabazas e lanternas, xogos populares e inchábeis, ademais de degustación de castañas e chocolate con churros. Das 19 ás 21 horas poderase visitar o Museo do Mal (o Museo do Mar acondicionado para a ocasión) e posteriormente gozar do espectáculo de rúa subUmbra de Troula Animación e unha Festa de disfraces amenizada por Yaya DJ, Marcos Magán e Eme Music.

–Sábado día 2 – a partir das 14:00 h. – Campo de Arriba de Rianxo

Sesión vermú con Saraghallada. Arredor das 17:00 h espectáculo infantil Plásticos fóra con Antón Ké. Das 19 ás 21 horas poderase visitar o Museo do Mal ao par que se poderá gozar dun Serán coas agrupacións Fogo Fatuo, Vai de Roda, Arrancadeira, Estroupele, Lusco e Fusco e Nunca é Tarde. A ambientación musical a partir das 21:00 horas virá da man das sesións de DJ de Maruxa e Coralia e Mishto e Gasholino, para rematar a noite cun baile de disfraces e a música de Rockolas DJ Quimba.

SÁBADO 2

A partir das 16:00 horas – Centro Social da Capela – O Araño

MAGOSTO NO ARAÑO

A celebración deste magosto organizado pola Asociación de Veciños do Araño, ademais da degustación de castañas, inclúe o tradicional Concurso de Cabazas do Samaín, xogos populares e a representación teatral da obra Ultrasónica, dirixida a público familiar a cargo da Agrup. Teatral Paso de Valverde, ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

SÁBADO 2

19:00 Centro Sociocultural-Auditorio – Sala Arcos Moldes

Circo-teatro: SÓ de Xampatito Pato

Un ser único na súa especie rodeado dun sen fin de caixas que escapan ó seu control e coas que xoga para dar forma ó seu mundo. Do caos xurde un universo delirante onde inventa a risa, creando unha tolemia cómica e transformándose nun novo ser cunha nova figura. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función. Duración: 50 min. Público familiar. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural 2024 da Deputación da Coruña.

SÁBADO 2

A partires das 09:30 h na contorna do C.C. Vicente Vidal de Leiro

XORNADAS POR UN MONTE VIVO

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza, do que forman parte a Fundación RIA así como oito CMVMC de Rianxo a través da Plataforma pola Defensa do Monte, dúas Universidades, a Fundación Montescola e o propio Concello de Rianxo, impulsa esta unha xornada repleta de actividades abertas á participación para traballar cara a unha sustentabilidade do territorio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.