Quedaremos durante o mércores baixo influencia anticiclónica, cunha circulación moi marcada do nordés. Con esta situación, agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros, sen descartar algún chuvasco ocasional no extremo norte e no sueste da Comunidade. As temperaturas mínimas experimentarán un ascenso, mentres que as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará do nordés, moderado en xeral, fortes no litoral atlántico.

O noso mar: Vento do nordés á mañá, do nordés á tarde e do leste á noite, forza 5 a 6 á mañá, 3 a 4 á tarde e 3 a 5 á noite. Forte marusía á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove