Este martes teremos nubes e claros, especialmente despexados no litoral atlántico. Durante a mañá prevese a formación de bancos de néboa en zonas do interior, que irán disipándose ao longo do día.
As temperaturas mantéñense sen cambios significativos, con lixeiros ascensos nalgunhas áreas cehgando ós 25 graos.
O vento soprará do nordés, con intensidade moderada en xeral, e refachos máis fortes no litoral noroeste, polo que se recomenda precaución nas zonas costeiras desta rexión.

O noso mar: Vento do nordés á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 3 a 5 á mañá e á tarde e 4 a 5 á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e á tarde e 1 a 2 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



