A compañía de teatro amador Martabelas Teatro representará a obra Segredos de Familia e licor café no Centro Sociocultural Atalaia (Asados). Será este venres 25 de outubro ás 20.00 horas no Centro Sociocultural Atalaia de Asados (Rianxo). A entrada será de balde ata completar a capacidade.
Trátase dunha proposta abeirada á Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Segredos de familia e licor café é unha comedia negra para todos os públicos, de arredor de 90 minutos de duración.
Sinopse
A vida na vila é apracíbel, como en calquera outro pobo e Galicia. Tranquila, rodeada de veciños encantadores, un lugar no que todo o mundo sabe de quen vén sendo. Ou non? Lucía Machado, unha famosa actriz da TVG, volve de visita á casa das súas tías para comunicarlle unha noticia sobre a súa vida. Sendo unhas mulleres moi conservadoras e tradicionais non quere darlles un desgusto pero vai descubrir que as aparencias enganan e durante a visita descubrirá que as encantadoras velliñas teñen unha maneira moi peculiar de practicar a caridade.




